As Xornadas desenvolveranse dende o 5 ata o 14 de marzo, e para degustar os menús coa lamprea como protagonista débese facer unha reserva previa
3 de marzo de 2021.- Este venres comeza a VII edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea organizadas polo departamento de Turismo do Concello de Padrón. Así, os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de marzo este produto estrela da gastronomía padronesa protagonizará os menús de sete restaurantes do municipio. Este ano por mor da Covid-19 non se poderán realizar todas as actividades de divulgación e lúdicas que habitualmente organizan dende a concellaría que lidera Lorena Couso, se ben manterase a proposta a través dos establecementos da zona.
Para degustar os menús elaborados por cada un destes establecementos, haberá que reservar previamente, e o prezo será de 35 euros por persoa. Os locais participantes son Restaurante O Secreto, Restaurante Scala, Restaurante Chef Rivera, O Alpendre, Pulpería Rial, Restaurante O Santiaguiño e Casa Farrucán. En todos os restaurantes participantes extremarán as medidas de prevención contra a Covid-19 para que as Xornadas se desenvolvan nunha contorna segura sanitariamente.
A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que “dende o Executivo local facemos todos os esforzos por manter o maior número de actividades sociais, culturais e de ocio e para continuar dinamizando a economía do noso municipio, sempre co foco posto nas medidas e recomendacións das autoridades sanitarias. Por iso, agardamos que estas Xornadas, malia que non poden ser celebradas coma nos últimos anos, supoñan un revulsivo para os empresarios e hostaleiros que tanto están a padecer nestes tempos”.
Para máis información, consulta a web: www.xornadasdalamprea.padronturismo.gal
Os menús que se van ofrecer nos distintos establecementos participantes son os seguintes:
Restaurante O Secreto (Teléfono de reserva: 670 599 961)
Menú:
Primeiro: Lamprea afumada sobre crema de queixo San Simón e ovo a baixa temperatura.
Segundo: Lamprea O Secreto con arroz integral venevere
Sobremesa
Bebida: 1 Copa de viño
Neste restaurante tamén contan cunha segunda opción, cun menú degustación:
- Tosta de lamprea afumada con gulas
- Croquetas de lamprea
- Risotto de Lamprea e Parmesano
- Empanadilla de lamprea e mexillón
Sobremesa caseira
Bebida: 1 Copa de viño
Restaurante Scala (Teléfono de reserva 981 811 312)
Primeiros pratos a elixir:
- Croquetas de lamprea
- Empanada de lamprea
Segundos pratos a elixir:
- Lamprea á bordelesa
- Risotto de lamprea
Sobremesa a elixir
Viños da casa, auga, refresco, café e licores
Restaurante Chef Rivera (Teléfono de reserva: 981 810 413)
Entrante: Aperitivo Risotto de lamprea
Primeiro. Croquetas da lamprea
Ovos rotos de lamprea afumada.
Segundo: Lamprea á bordelesa
Sobremesa: Tarta da casa
Bebida: 1 Copa de viño, auga, cervexa ou refresco
O Alpendre (Teléfonos de reserva: 981 810 583 -639 057 227)
Entrante: Empanadillas de Lamprea
Prato principal: Lamprea á bordelesa
Sobremesa: Flan de queixo
Bebida: Botella de viño para dúas persoas: Crego e Monaguillo Treixadura
Pulpería Rial (Teléfono de reserva: 981 811 624)
Primeiro: O noso tradicional polbo á feira
Segundo: Lamprea á bordelesa
Sobremesa caseira
Bebida: Unha copa de viño / refresco / cervexa
Restaurante O Santiaguiño (Teléfono de reserva: 981 810 023)
Primeiro: Pementos de piquillo recheos
Segundo: Lamprea á bordelesa
Sobremesa: Tarta caseira da avoa
Bebida: Unha copa de viño / refresco / cervexa
Casa Farrucán (Teléfono de reserva: 981 812 249)
Primeiro: Croquetas de lamprea
Segundo: Lamprea á bordelesa
Sobremesa: Caseira
Bebida: Viño tinto e café