Skip to main content

Novas

Menús Lampreeiros con… Cafetería H2O

cafeteria-h2o-lamprea

Compartimos as respostas  da entrevista de H2O, opinando sobre a lamprea…

1- Que lle parece a vostede a organización destas Xornadas da lamprea en Padrón. Considera o evento como unha acción positiva para a vila e para o seu local?

‘Consideramos a iniciativa como positiva pero entendemos que podería ser un referente non só na comarca senón nun ámbito máis amplo e para iso debería organizarse con máis antelación, con máis publicidade e promoción e tratar de que fosemos máis os establecementos participantes…senón con menús, con tapas ou por medio doutras iniciativas’.

2- Sobre a lamprea… que opina sobre a promoción que está a facer a administración turística con ese produto?

‘Novamente consideramos positivo todo o que se faga na liña de promoción de productos locais e comarcais, iniciativas que atraian xente a Padrón e posicionen a nosa vila serán sempre positivas. Pero unha vez máis, entendemos que a promoción nin é suficiente (nin e axeitada) e dende logo que de pouco vale que se faga promoción (por boa e exitosa que sexa) si hai outros aspectos que non se están tendo en conta como por exemplo a implicación social na iniciativa (non só a hostalería a través de menús) senón implicar ao comercio que son sectores moi ligados, á xuventude a través de obradoiros na rúa ou outras actuacións, á infancia, a algunha asociación…facer as actividades a través das persoas que coñecen o oficio, difundir a parte legar da pesca, a comercialización deste produto, … a relevancia na prensa e noutros medios para dar a coñecer a iniciativa…a tempada la lamprea non é só cando se fan estas xornadas senón de xaneiro a abril, de xeito que cunha boa difusión e promoción en web e redes socias por exemplo (que é algo que non debería supoñer excesivo custe económico nin de tempo ao persoal do concello) se podería atraer xente á vila, aos restaurantes que a preparamos e dar a coñecer o produto e as xornadas antes da data nas que as celebramos’.

‘A promoción é un aspecto importante pero debe facerse ben e sempre complementada con outros aspectos. Por sí soa non serve de moito’.

NOTA: ‘Con respecto á pregunta, penso que se fai difusión das xornadas. O que é a lamprea en sí, como produto (gastronómico, cultural, biolóxico…) non se promociona o que se debería. Forma parte dun tipo de pesca exclusiva de determinadas zonas e trátase dun animal prehistórico que supón un interese absoluto para moitas cousas incluos relacionadas coa nosa especie…e entendemos que todo esto podería complementar ainda máis o produto atrainte para Padrón’.

3- Vostede participa nas III Xornadas Gastronómicas Padrón Sabora a Lamprea. Desde cando cociña vostede a lamprea? Que tipo de receitas fai? Tradicionais como a ‘bordalesa’ ou ten outras máis modernas?

‘Si, participo nesta terceira edición e participei más anteriores tamen’.

‘Nos facemos a receita tradicional e cociñamola Fender sempre’.

4- Sobre os seus clientes que veñen a comer lamprea… hai clientes que repiten todos os anos? Que tendencia nota? Ten cada vez máis xente pedindo probar lamprea?

‘Temos clientes que repiten todos os anos e son clientes que veñen polo produto ofertado e pola nosa preparación, porque nos coñecen…non son clientes que se acheguen ou veñan de primeiras só pola difusión que se fai destas xornadas (que tamén os hai pero non son a maioría, son clientes que xa iban vir e, dándolles igual unha data que outra, quizáis aproveiten a fin de semana que se fan estas xornadas. Tamen temos clientes que no la piden para levar para a casa pero dende antes de estas xornadas’.

5-  Que significa (persoalmente/profesionalmente) para vostede a lamprea? Defina a lamprea en 4 palabras:

‘CULTURA GASTRONÓMICA – HISTORIA – TURISMO –  BO TRABALLO E CLIENTES’

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *