- As Xornadas desenvolveranse dende o 13 ata o 22 de marzo, e para degustar os menús coa lamprea como protagonista débese facer unha reserva previa
- A programación de actividades coordinada polo concello inclúe actividades divulgativas para público familiar, obradoiros para aprender a facer empanadas de lamprea, tertulia clandestina e un concurso de empanadas de lamprea
As fins de semana do 13,14 e 15 e do 20,21 e 22 de marzo terán sabor a lamprea en Padrón, xa que durante estes días celebraranse as ‘VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea’. Este ano un total de oito restaurantes ofrecerán un programa gastronómico coa lamprea como protagonista, e ademais dende a concellaría de Turismo programaron numerosas actividades de divulgación, lúdicas e culinarias.
Para degustar os menús elaborados por cada uno destes establecementos, haberá que reservar previamente, e o prezo será de 30 euros por persoa. Os locais participantes son Restaurante O Secreto, Restaurante Scala, Restaurante Chef Rivera, Casa Farrucán, Restaurante A Casa dos Martínez, O Alpendre, Os Carrisos e o Restaurante O Santiaguiño.
O programa tamén inclúe actividades para nenos e nenas. O venres 13 de marzo ás 17:00 horas haberá xogos sobre a lamprea na Biblioteca, aquelas familias que queiran inscribirse terán que facelo antes do 11 de marzo enviando un email a biblioteca@padron.gal ou no teléfono 981 810 761.
Baixo o título de ‘Conversas clandestinas…no convento de Herbón’, José Manuel Garcíaentrevistará en directo a Miguel Piñeiro, experto no mundo da lamprea. E posteriormente, un fraile da Comunidade Franciscana do convento realizará unha visita guiada polas instalacións ata chegar ás pesqueiras –lugar no se que captura a lamprea-. Esta actividade é gratuita, pero require inscrición previa na Oficina de Turismo, no teléfono 646 59 33 19 ou polo correo electrónico de turismo@padron.gal
O venres 20 de marzo, ás 20:00 horas celebrarse un concurso de empanadas de lamprea, a participación tamén é gratuíta, pero precisa inscrición previa na Oficina de Turismo antes do mércores 11 de marzo. O primeiro premio é de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. O Concello de Padrón encargarase de proporcionar unha lamprea a cada participante para facer a empanada do concurso.
E para concluír a programación, o sábado 21 de marzo ás 17:00 horas desenvolverase un obradoiro de cociña para aprender a elaborar a tradicional empanada de lamprea (timbal), e outros pratos con este produto. Terá lugar no edificio de Servizos Sociais, e malia que é gratuíto, hai que inscribirse previamente na Oficina de Turismo, a través do email turismo@padron.gal ou no teléfono 646 59 33 19.
Para máis información, consulta a web: xornadasdalamprea.padronturismo.gal