
Experiencia inmersiva sobre a lamprea en Bandín – Carcacía
Data: sábado 29 de marzo ás 11.00 h
Lugar: Santuario da Mercé en Bandín – Carcacía
Prazas limitadas. Inscrición a partir do 11 de marzo en www.padronturismo.gal/inscricions
INFORMACIÓN sobre a actividade:
Comezaremos cunha acollida e presentación da actividade.
Realizaremos un paseo cara a fonte na compaña dunha persoa da Asociación Cultural Nosa Sra. da Mercé de Bandín que nos contará historias sobre o lugar no que estamos e a lamprea do Ulla.
A continuación crearemos as nosas figuras con arxila e auga da fonte Santa inspirándonos na historia da lamprea en Bandín.
Acompañaremos a experiencia con música/sons acordes á actividade e ao lugar.
Punto de encontro:
A ter en conta:
Imprescindible que as persoas menores de idade vaian acompañadas por unha persoa adulta.
Levar roupa e calzado adecuados para unha pequena andaina de media hora.
No caso de que chova e non se poida sair á andaina realizaremos outras actividades no interior do local da Asociación Virxe da Mercé de Bandín.