Ruta interpretada con mindfulness sobre a lamprea

Data: doming 15 de marzo ás 10.30 h

Lugar: Carcacía

Prazas limitadas. Inscrición en www.latexosdeturismo.com/agenda / 617 42 12 76

INFORMACIÓN sobre a actividade:

Realización dunha vivencia holística dun territorio: ruta guiada de sendeirismo de maneira consciente e con propostas de dinámicas de benestar (mindfulness, meditación, artes expresivas…).

Unha maneira diferente de achegarse ao mundo da lamprea: inmersión na natureza cunha ruta consciente; reconexión co “eu interior” a través de dinámicas de mindfulness e artes expresivas que se propoñan; coñecemento sobre a lamprea a través da interpretación dos lugares que se visitan e das explicacións realizadas.

Punto de encontro: Pendente de confirmar
A ter en conta:
Saída suxeita a condicións meteorolóxicas favorables.
Reserva imprescindible.
Para persoas maiores de 15 anos
Duración: 2 -3 horas
Levar roupa e calzado adecuados para unha ruta de sendeirismo
Non se precisan coñecementos previos de ningún tipo