
Actividade para toda a familia
Data: Venres 21 de marzo
Lugar: Campo da Insua, A Ponte. En caso de chuvia no Hall do Auditorio.
Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions
INFORMACIÓN sobre a actividade:
A Lamprea a pé de río é unha actividade educativa e interactiva dirixida ao público en xeral cuxo obxectivo principal é fomentar o coñecemento e a conexión co contorno natural, centrando a atención nun dos recursos gastronómicos máis coñecidos de Padrón: a lamprea. Durante esta actividade darase a coñecer a bioloxía da lamprea, a súa importancia histórica e o seu ecosistema, aproveitando recursos locais de grande valor cultural e medioambiental.
A actividade levarase a cabo nun tramo chan, doado de percorrer, desde O Pombal, en Cesures, ata o Convento franciscano de Santo Antonio de Herbón. Ao longo deste tramo, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer:
- A bioloxía da lamprea: características físicas, ciclo de vida e comportamento.
A historia da lamprea: a súa aparición como especie e a súa relación co ser humano desde tempos antigos.
A pesca tradicional: explicación das técnicas de pesca locais e observación das pesqueiras, construcións tradicionais empregadas para capturar lampreas. Este tramo conta con 3 delas.
A ecoloxía do río: como a lamprea interactúa co seu ecosistema e a súa relevancia na biodiversidade do río.
Nesta ruta tamén se fará fincapé en:
- Zonas emblemáticas do río relacionadas coa pesca da lamprea e a súa historia.
- Flora e fauna local, incluíndo especies relacionadas co hábitat da lamprea.
- A conexión do medio ambiente fluvial coas comunidades locais.
A ruta estará deseñada para incluír explicacións breves e interactivas, fomentando as preguntas e a participación das persoas asistentes.




