unha-viaxe-a-orixe

Unha viaxe á orixe… unha viaxe ás orixes dos vertebrados.

Data: Domingo 22 de marzo

Lugar: Praza de Macías. En caso de chuvia no Hall do Auditorio.

Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions

INFORMACIÓN sobre a actividade:

Coñecendo a lamprea: unha viaxe ás orixes dos vertebrados é unha actividade divulgativa de carácter presencial, deseñada para realizarse nun espazo público aberto co obxectivo de achegar ao público en xeral ao coñecemento da lamprea, un dos vertebrados máis antigos que habitan actualmente os ecosistemas acuáticos.

A lamprea é un organismo de singular interese biolóxico, cuxa aparencia e modo de vida remiten a etapas moi temperás da historia evolutiva dos vertebrados. Trátase dunha especie que habitou ríos e mares desde hai máis de 500 millóns de anos, precedendo á aparición dos dinosauros e dos peixes con mandíbulas, o que a converte nun exemplo excepcional de liñaxe evolutiva antiga aínda presente na actualidade.

O espazo organizarase arredor de catro mesas temáticas, cada unha delas dedicada a un aspecto específico relacionado coa lamprea, abordando a súa dimensión natural, cultural, histórica e gastronómica. En cada mesa haberá persoal dinamizador encargado de informar, explicar contidos e promover a participación activa do público mediante materiais divulgativos e pequenas actividades adaptadas a diferentes perfís de idade e interese. Deste xeito, cada participante poderá decidir o tempo que desexa dedicar a cada mesa, configurando a súa propia experiencia.

As 4 mesas propostas enfocaranse nos seguintes aspectos da lamprea:

  • MESA 1: A lamprea e a evolución dos vertebrados. Coñecer o papel da lamprea na historia evolutiva dos vertebrados e a súa relevancia como grupo basal.
  • MESA 2: Ciclo de vida da lamprea. Coñecer o complexo ciclo vital da lamprea e os cambios morfolóxicos e ecolóxicos que experimenta.
  • MESA 3: Adaptacións e experiencia sensorial: a boca da lamprea. Explicar as adaptacións anatómicas da lamprea a través dunha experiencia sensorial controlada.
  • MESA 4: A lamprea e os ecosistemas acuáticos. Amosar a importancia ecolóxica da lamprea e a súa relación con outros organismos e cos ecosistemas fluviais e mariños.
Punto de encontro: