Baño de natureza creativo en Herbón

Data: sábado 14 de marzo ás 16.30 h

Lugar: Convento de Herbón

Prazas limitadas. Inscrición en www.padronturismo.gal/inscricions

INFORMACIÓN sobre a actividade:

Baño de natureza creativo

Paseo consciente e guiado polo lugar con dinámicas de mindfulness.

Actividade de artes plásticas (arteterapia) con PICAPAU. Creación de figuras con arxila e/ou pasta de modelar.

Descrición: Disciplina que utiliza a arte como canle de expresión producindo cambios no corpo físico, mental e emocional das persoas que a practican. Encontros persoais de autocoñecemento holístico nos que se poden utilizar as seguintes ferramentas: as cores e a súa vinculación coas emocións; a linguaxe imaxinaria; a música, a danza e a meditación. Esta “terapia” será percibida polas persoas asistentes como unha actividade de lecer e tempo libre

A ter en conta:
Imprescindible que as persoas menores de idade vaian acompañadas por unha persoa adulta.
Levar roupa e calzado adecuados para unha pequena andaina de media hora.
No caso de que chova e non se poida sair á andaina realizaremos outras actividades no interior do Convento de Herbón.
Punto de encontro: