
Actividade sensorial para toda a familia
Data: Venres 20 de marzo
Lugar: Xardín Botánico Artístico
Inscricións: www.padronturismo.gal/inscricions
INFORMACIÓN sobre a actividade:
Experiencia divulgativa e participativa baseada na exploración sensorial (olfacto, gusto, tacto e vista) para coñecer a lamprea como animal, como recurso gastronómico e como símbolo cultural vencellado a Padrón e ao río Ulla.
A cata sensorial é unha actividade dinámica e experiencial na que as persoas participantes descubren a lamprea e o seu contexto natural e cultural a través dos sentidos, afastándose tanto da charla maxistral como da cata gastronómica clásica. Ao longo de diferentes retos sensoriais guiados, o grupo cheira, proba, toca e relaciona produtos, materiais e estímulos vencellados a:
• o ecosistema fluvial do río Ulla,
• a bioloxía e o ciclo vital da lamprea,
• a cociña tradicional galega ou
• a memoria cultural e literaria de Padrón.
A actividade prioriza a participación activa, o diálogo e a curiosidade, combinando divulgación científica accesible, cultura e xogo sensorial.




